Poema de Lois Pereiro no día das Letras
Fotografía de Elliot Erwitt
X
"Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non a tortura de evitarte"
Lois Pereiro Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995