Anchoas y Tigretones

Acenos (deste lado)

Ela habitaba no lugar dos ollares sin perfil. Ollares de frente, baleiros de secretos. Intrépidos, valentes. Cando tomaban unha cervexa nunha terraza, baixo o sol da incerteza de abril, falaban, e ela deixaba pousar os segundos. Collía o tempo con dozura, movéndoo con agarimo  para devolvelo renovado, intenso, cheo de ledicias e mecos. Tamén levaba, agochadas no bolso, unha batería de sonrisas, brincadeiras e afagos. Confianzas tamén. Algunhas veces as espallaba enriba da mesa e agasallaba á outra muller cunha antoloxía de acenos infantís, deses que fan que os que comparten a cervexa, co privilexio de sabelo, non queran nunca que pase ese momento.

Navegación en la entrada única

3 pensamientos en “Acenos (deste lado)

  1. Carlos en dijo:

    Sigo aquí, despois dun problema técnico, resolto no prazo exiguo dun mes.
    Vexo, xa sen sorpresa, pola insistencia, a imaxe dunha película que, para min, traslada o ideal masculino dun mundo de mulleres funxíbeis, para uso e gozo na idade presuntamente dourada, pero carentes de valor para desenvolver a súa vida.
    Xa o dixera outra vez por aquí, pero o caso de Thelma e Louise como bandeira feminista paréceme inconcibíbel. Por moito que se empeñe todo o mundo. Creo que abonda con ver como acaban, e por que.
    Moitos bicos

  2. Non teño nin idea de quen abanderou por aqui o feminismo de Thelma e Louise. Eu vexo unha imaxe de duas mulleres e un guiño adicado a unha lectora. Pero bueno, en calquer caso, grazas por pasar por estas páxinas tan repetitivas e cansinas. Servir de somnífero non deixa de ser sempre unha posibilidade interesante.

  3. Glups: A min a peli gustárame, aínda que nela non busquei feminismos nin militancias: só vin dúas mulleres aburridas que decidiron tirar padiante e acabaron como acabaron. Supoño que se fosen dous tíos terían acabado igual, non sendo Stallone e Bruce Willis.
    Boas vacacións, princesa.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: