Analóxico/Dixital
Daquel lado, que, a fin de contas, non é tan lonxe
El pediulle cos seus ollos de humildade tenra que lle amosase os seus peitos espidos, o seu corpo cru. Loitaba contra as bágoas cando a ollaba arrincándose a roupa como se fose un estigma. Pechaba os ollos, veía lonxe, moito. E podería recorrer a súa pel branca, coa brancura infinda dunha praia pequena, sen contarlle os moitos lunares que agochaba, coma cunchas recollidas de fermoso verán. Bicándolle a sombra do sorriso. Cando o día seguinte espertou, soubo que, nalgún momento do soño, nalgún momento, ela estivera co seu mundo e a súa carne, alí. Cunha presenza de deusa terreal e pagá. E sabíao polas guedellas loiras que tiña enredadas nas mans á mañá seguinte, coma un agasallo de noite de Reis.
Desde aquí, que es un poco más cerca
Ella se preguntaba cómo podía haber llegado tan lejos. Cómo le había regalado una imagen de la desnudez a distancia a unos ojos que imploraban. Y era capaz de ver en su cuerpo el recuerdo de ese amor adolescente, violento y rotundo,hermoso y trágico. Y cómo unos ojos oscuros, que taladraban toda su resistencia, podían perseguirla en sus noches y sus días. Pero nunca entendió por qué le faltaba un mechón de pelo justo detrás de la oreja. Y quiso pensar que, en un vuelo nocturno e imposible, como una Godiva punk, había recorrido desnuda y con su melena suelta la distancia que los separaba.Y así le regaló un fragmento de sí misma, para él, sólo para él. Un trozo de ella. Porque su alma ya la tenía totalmente en propiedad.
Que bonito o texto! Ai, eu tamén quero despertar así…
A min gústame máis a versión en castelá, por ese toque estilístico máis rompedor, pero a que está en galego consigue unha poética máis elevada e canto máis a leo, máis me gusta. Tamén é certo que son dos que creo que un relato erótico (deben ser breves, norma fundamental) ben escrito está en relación co sublime. Sí, ás 7:55 un pode escribir cousas así de profundas 🙂 Un bico moi grande. Encantoume.
Dacordo con Xose, gústame mais en castelán.
En calquera caso é un texto bonito e me quedo con esta frase: «…sen contarlle os moitos lunares que agochaba, coma cunchas recollidas de fermoso verán»
Que ben te senta cumprir anos… espero ansiosa que che caiga outro para volver a ler un texto coma estos…
O título debía ser ANALÓXICO/DIGITAL
Saíulle mellor a versión castelá, aínda que eu non vexo moi claro que sexan versións senón textos diferentes, porque o castelán é a lingua habitual de vde e iso nótase, daí que o texto galego sexa un tanto ríspido.
Parabéns en calquera caso.
Se me permite unha ironía, agora fáltalle a versión en inglés.Saúdos.
cortiko e intenso…precioso!!